by Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Habitando é o podcast de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.
Language
🇬🇱
Publishing Since
9/18/2015
Email Addresses
1 available
Phone Numbers
0 available
December 28, 2023
Artigo9tech é un grupo de investigación que ten creado unha rede de profesorado das tres universidades e a sociedade civil de Galicia, co obxectivo de fomentar a colaboración e iniciativas que teñan que ver con tecnoloxía aplicada a proxectos de cooperación. Dende 2021 desenvolve xunto a Enxeñería Sen Fronteiras un proxecto para o fomento das tecnoloxías para o ben común en todas as escolas técnicas universitarias galegas. Na súa segunda fase, 2023-2024, Arquitectura Sen Fronteiras unímonos ao proxecto. Falamos neste episodio con Acacia Naves e Sergio Fernández, responsables para o proxecto de Artigo9Tech e ESF respectivamente, do que son as tecnoloxías para o ben común, de como xurdiu a colaboración entre elas, da situación das tecnoloxías para o ben común no ámbito universitario e do que estamos a desenvolver no proxecto. Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. - A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
December 3, 2023
Hoxe 3 de decembro celébrase o Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Nós queremos celebralo falando de atención á diversidade con Sonia Seijas. Sonia traballa dende o seu inicio, hai xa 19 anos, na Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña, na que ten establecido unha rede de traballo con persoas das distintas facultades e escolas para estar presentes en todos os centros. Traballan na inclusión, na formación, orientación e difusión da realidade de persoas con discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Os inicios, como se organizan, os problemas, resistencias e aliadas que atopan, as aspiracións de futuro e moito máis nunha conversa que se nos fixo moi curta. Contacto: - Web: https://www.udc.es/es/cufie/ADI/ - Enderezo: Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña - Email: [email protected] - Teléfonos: 881 015 622 / 881 015 623 Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. - A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
November 10, 2023
Desde 2020 Farmamundi desenvolve xunto á Universidade de Santiago de Compostela un proxecto de Educación para a Cidadanía Global en Santiago, un proxecto que xa está na súa fase catro. Traballa diferentes aspectos do Dereito á Saúde entendéndoo desde unha perspectiva holística, e coa colaboración de varios graos e mestrado da USC que aplicaa a aprendizaxe-servizo como metodoloxía pedagóxica. Para falar del, das súas actividades, do que son os activos de saúde, problemas atopados e logros acadados contamos hoxe con María Gento. María é a coordinadora de Farmamundi en Galicia e Asturias, e responsable da xestión e execución do proxecto. Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. - A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Pod Engine is not affiliated with, endorsed by, or officially connected with any of the podcasts displayed on this platform. We operate independently as a podcast discovery and analytics service.
All podcast artwork, thumbnails, and content displayed on this page are the property of their respective owners and are protected by applicable copyright laws. This includes, but is not limited to, podcast cover art, episode artwork, show descriptions, episode titles, transcripts, audio snippets, and any other content originating from the podcast creators or their licensors.
We display this content under fair use principles and/or implied license for the purpose of podcast discovery, information, and commentary. We make no claim of ownership over any podcast content, artwork, or related materials shown on this platform. All trademarks, service marks, and trade names are the property of their respective owners.
While we strive to ensure all content usage is properly authorized, if you are a rights holder and believe your content is being used inappropriately or without proper authorization, please contact us immediately at [email protected] for prompt review and appropriate action, which may include content removal or proper attribution.
By accessing and using this platform, you acknowledge and agree to respect all applicable copyright laws and intellectual property rights of content owners. Any unauthorized reproduction, distribution, or commercial use of the content displayed on this platform is strictly prohibited.